Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Gamás, número 7144.

Por Resolución do 11.11.2011, que aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, foi admitida a trámite a solicitude presentada pola sociedade Explotaciones Gallegas de Cobre, S.L. para o permiso de investigación Gamás, de 2 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C (cobre e afíns) nos termos municipais de Boqueixón e Santiago de Compostela, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7144 do Rexistro Mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 28’ 20’’ W

42º 51’ 00’’ N

2

8º 28’ 00’’ W

42º 51’ 00’’ N

3

8º 28’ 00’’ W

42º 50’ 20’’ N

4

8º 28’ 20’’ W

42º 50’ 20’’ N

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña