Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o outorgamento do permiso de investigación Fuente Rosas Oeste, número 7119.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que, por Resolución do 27 de novembro de 2012 da Consellería de Economía e Industria, foi outorgado o permiso de investigación Fuente Rosas Oeste, número 7119, de 33 cuadrículas mineiras, para a investigación de cobre e demais recursos da sección C, nos termos municipais do Pino e Touro, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 2012

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña