Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4018

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de xaneiro de 2013 pola que se extingue a autorización do centro privado System, do concello de Lugo, por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 18 de xullo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de xullo, autorizouse o centro privado System, para impartir os ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos e Desenvolvemento de aplicacións informáticas, na rúa Rafael de Vega nº 12 de Lugo.

O Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial de Lugo emite un informe en que indica que o dito centro non impartiu as ensinanzas para as cales foi autorizado durante os dous últimos cursos anteriores a esta orde.

Conforme o establecido no artigo 17.2 do Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, en relación coa inexistencia de actividades no centro privado autorizado, realizáronse os trámites procedentes, sen que a titularidade do centro formulase alegacións.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Extinguir de oficio e de conformidade co artigo 17.2 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: System.

Código do centro: 27020665.

Domicilio: rúa Rafael de Vega nº 12 baixo.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: F Y Q Asociados, C.B.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas (ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos e Desenvolvemento de aplicacións informáticas).

Segundo. Esta extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria