Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 218/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I ao proxecto LMTS, CT rúa San Fernando.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,304 km, coa orixe e remate na LMTS SMC-721 tramo entre o CT a polígono Alvedro e CT G. polígono Alvedro (expediente IN407A 101/2002) unha vez entre e saía do CT proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 15/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña