Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (PES-CO-0058-2012-V).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: PES-CO-0058/2012-V.

Denunciado: Guillermo Francisco Cabezas Felipe.

Acto de notificación: resolución.