Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3575

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se declaran deportistas galegos de alto nivel logo da estimación dos recursos de reposición interpostos contra a Resolución do 16 de novembro de 2012, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2012, así como as solicitudes desestimadas e a súa causa (Diario Oficial de Galicia do 27 de novembro).

Primeiro. Con data do 27 de novembro de 2012 foi publicada a Resolución do 16 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2012, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

Segundo. A citada resolución establece, no seu punto quinto, que contra ela, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Foron presentados recursos de reposición en prazo, entre outros, polos seguintes deportistas:

José David Álvarez Barreiro

José Francisco Álvarez Boullosa

Judith María Rodríguez Menéndez

Miguel Soro López

Cuarto. Eses recursos de reposición foron resoltos por resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte con data do:

4 de xaneiro de 2013: José David Álvarez Barreiro e José Francisco Álvarez Boullosa

21 de xaneiro de 2013: Judith María Rodríguez Menéndez

23 de xaneiro de 2013: Miguel Soro López

Estas resolucións foron oportunamente notificadas aos interesados/as.

Quinto. As resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte do 4 de xaneiro de 2013, relativas aos deportistas Álvarez Barreiro e Álvarez Boullosa, aceptan os recursos de reposición presentados por eles contra a Resolución do 16 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2012, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG do 27 de novembro); nela aparecen as súas solicitudes como desestimadas por presentación da documentación fóra de prazo e ordénanlle á Comisión de Avaliación, establecida no Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes, que examine as súas solicitudes e formule proposta de resolución con base no presentado ao secretario xeral para o Deporte, que resolverá en consecuencia.

En cumprimento do ordenado, con data do 11 de xaneiro de 2013, reuniuse a Comisión de Avaliación, a cal propón, unha vez revisados os datos deportivos presentados coas súas solicitudes, a cualificación dos deportistas como «aptos» e eleva a proposta ao secretario xeral para o Deporte.

Sexto. As resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte do 21 e 23 de xaneiro de 2013, relativas, respectivamente, aos deportistas Judith Mª Rodríguez Menéndez e Miguel Soro López, aceptan os recursos de reposición presentados e ordenan a súa inclusión, polos motivos neles expostos, na listaxe de deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2012.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes,

RESOLVE:

Primeiro. Atendendo á proposta enviada, con data do 25 de xaneiro de 2013, pola Comisión de Avaliación e Seguimento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel, e adoptada na súa reunión do 11 de xaneiro de 2013, nomear como deportistas galegos de alto nivel, polo procedemento iniciado en xuño de 2012, a:

José David Álvarez Barreiro DNI 77006239P Motonáutica

José Francisco Álvarez Boullosa DNI 36088886T Motonáutica

Segundo. Nomear como deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2012, tras a aceptación dos recursos de reposición presentados, a:

Judith María Rodríguez Menéndez DNI 39463266G Esgrima

Miguel Soro López DNI 79339814A Piragüismo

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta secretaría xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte