De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación as aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG núm. 210, do 31 de outubro).
Núm. de expediente: 159/12.
Denunciada: taberna típica O Non da Vella.
Enderezo: Senín, Xanza, Valga (Pontevedra).
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.
Pontevedra, 15 de xaneiro de 2013
Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra