Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3378

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de xaneiro de 2013 pola que se modifica a Orde do 14 de novembro de 1995 pola que se regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

O Regulamento (CE) nº 854/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece no seu anexo II, capítulo II, os controis oficiais relativos a moluscos bivalvos vivos procedentes de zonas de produción clasificadas.

O Regulamento (CE) nº 853/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, establece no seu anexo III, sección VII, capítulo V, as normas sanitarias que deben cumprir os moluscos bivalvos vivos que se poñan no mercado para consumo humano, entre as que se inclúen as cantidades límite de diversas biotoxinas mariñas.

O Decreto 28/2005, do 28 de xaneiro, polo que se regula o control de biotoxinas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura establece que o control para a detección e cuantificación das biotoxinas mariñas será exercido pola Consellería do Medio Rural e do Mar e pola Consellería de Sanidade.

De acordo co establecido no artigo 8 do antedito decreto, é competencia da Consellería do Medio Rural e do Mar establecer o límite e as características das zonas de produción para os efectos do control de presenza de plancto produtor de toxinas e de biotoxinas nos moluscos bivalvos vivos, da toma de mostras nas ditas zonas e do establecemento nelas dun plan de mostraxe en función das previsións da evolución dos episodios tóxicos.

A Orde do 14 de novembro de 1995 regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura, define o sistema de control e as condicións para a autorización ou prohibición da extracción e posta no mercado destes organismos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, foi ampliando e mellorando os sistemas de control ata chegar á actual intensa rede de mostraxe de control de biotoxinas ao longo de toda a costa galega, constituída por puntos primarios e secundarios situados nas bateas de mexillón, áreas de mexillón de rocha e por áreas de mostraxe de moluscos bentónicos infaunais e epifaunais (pectínidos).

Razón esta que fai preciso modificar a Orde do 14 de novembro de 1995, co obxecto de actualizar os anexos II, III e IV en que se establecen e definen as zonas, subzonas e puntos fixos de control do mexillón de rocha, moluscos infaunais e epifaunais (pectínidos), co obxecto de adaptalas á actual rede de mostraxe establecida.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 14 de novembro de 1995 pola que se regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, marisqueo e a acuicultura

A Orde do 14 de novembro de 1995, pola que se regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura, queda modificada como segue:

Os anexos II, III e IV da Orde do 14 de novembro de 1995, pola que se regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura, quedan substituídos polos que se publican nesta orde.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO II
Mexillón de rocha

1. Ría de Ribadeo.

2. Ría de Foz.

3. Ría de Viveiro.

4. Ría do Vicedo-O Barqueiro.

5. Ría de Cariño-Ortigueira.

6. Ría de Cedeira.

7. Ría de Ferrol.

8. Ría de Ares-Betanzos.

9. Ría do Burgo-A Coruña.

10. Baldaio.

11. Ría de Corme-Laxe.

12. Ría de Camariñas.

13. Ría de Fisterra.

14. Ría de Corcubión.

15. Carnota.

16. Cabo Silleiro.

17. A Guarda.

ANEXO III
Zonas de bancos de moluscos bentónicos infaunais

– Ría de Ribadeo.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a desembocadura do río Eo (E) e a punta Promontoiro (W).

Punto de control: Vilavella.

– Ría de Foz.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Promontoiro (E) e a punta Rueta (W).

Punto de control: Viladaide.

– Ría de Viveiro.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Rueta (E) e a punta Camero (W).

Punto de control: Covas.

– Ría do Vicedo-Barqueiro.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Camero (E) e a punta Estaca de Bares (W).

Puntos de control: Fomento, Salgueira.

– Ría de Cariño-Ortigueira.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Estaca de Bares (E) e o cabo Ortegal (W).

Punto de control: Sismundi.

– Ría de Cedeira.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre o cabo Ortegal (N) e a punta Frouxeira (S).

Punto de control: A Magdalena.

– Ría de Ferrol.

Defínense dúas zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Frouxeira (N) e a punta Coitelada (S), exceptuando a zona II.

Punto de control: As Baterías.

Zona II.

Comprendida entre a liña imaxinaria que une punta San Carlos (N) con punta Segaño (S), ata o fondo da ría.

Puntos de control: Redonda, Maniños.

– Ría de Ares-Betanzos.

Defínense dúas zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Coitelada (N) e a cala do Dexo (S), exceptuando a zona II.

Punto de control: Petra Sabio.

Zona II.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Sardiñeiro (N) coa punta Crebitas (S), ata o fondo da ría.

Punto de control secundario: Ponte do tren.

O punto de control da zona I aplicarase, en ausencia de biotoxinas, para ambas as dúas zonas.

– Ría do Burgo-A Coruña.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a cala do Dexo (E) e a punta de Alba (W).

Punto de control: Carniceiro.

– Ría de Baldaio.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta de Alba (E) e a punta Nariga (W).

Punto de control: Mesas.

– Ría de Corme-Laxe.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Nariga (N) e a punta do Boi (S).

Punto de control: Parque Ricardo Mato.

– Ría de Camariñas.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta do Boi (N) e a punta Nemiña (S).

Puntos de control: enseada da Vasa, A Vasa, río da Ponte.

– Ría de Corcubión.

Defínese unha zona:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Nemiña (N) e a punta Insua (S).

Punto de control: Cee.

– Ría de Muros-Noia.

Defínense tres zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Insua (N) e a punta río Sieira (S), exceptuando as zonas II e III.

Puntos de control: Muros, A Abelleira.

Zona II.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Uhía (N) coa punta Aguieira (S) e a punta Picouso (N) coa punta das Pedras (S).

Punto de control: A Misela.

Zona III.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Picouso (N) coa punta das Pedras (S) e o fondo da ría.

Punto de control: San Cosme.

– Ría de Arousa.

Defínense sete zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta río Sieira (N) e a punta Faxilda (S), exceptuando as zonas II, III, IV, V, VI e VII.

Puntos de control: Sálvora, Aguiño.

Zona II.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Cantodorxo (E), na península do Grove, e Airó Grande, (W), a liña imaxinaria que une Airó Grande coa punta Barbafeita, na Illa de Arousa, e a que une a punta do Carreirón, na Illa de Arousa, coa punta Cantodorxo, no Grove.

Punto de control: Xidoiros.

Zona III.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une Airó Grande coa punta Barbafeita, na parte externa, e a que une a punta Cabío e punta Cabalo da Illa de Arousa, na interna.

Punto de control: Ribeira.

Zona IV.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Cabío e a punta Cabalo, na parte externa, e a punta do Chazo (N) coa punta Campelo da Illa de Arousa, na interna.

Punto de control: O Caramiñal.

Zona V.

Zona comprendida entre o fondo da ría e as liñas imaxinarias que unen a punta do Chazo coa punta Campelo e a punta Campelo coa punta das Sinas.

Puntos de control: As Sinas, Rianxo.

Zona VI.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Campelo, na Illa de Arousa, coa punta das Sinas, a punta Xastelas, na Illa de Arousa, coa punta Cabreirón, na illa Toxa Grande, e a punta Cabreirón coa punta Correlo.

Punto de control: O Bao (Arousa).

Zona VII.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Xastelas coa punta Cabreirón, a punta Cabreirón coa punta Correlo e a punta Carreirón, na Illa de Arousa, coa punta Cantodorxo no Grove.

Punto de control: Vía Norte.

– Ría de Pontevedra.

Defínense cinco zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Faxilda (N) e a punta Couso (S), exceptuando as zonas II, III, IV e V.

Punto de control: Ons.

Zona II.

Comprende a enseada de Aldán ata a liña imaxinaria que une a punta Niño do Corvo (E) coa punta da Alada (W).

Punto de control: Aldán.

Zona III.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Cabicastro (N) co cabo Udra, na zona externa, e a punta Santa Mariña (N) coa punta de Aguete (S).

Puntos de control: Cabicastro, Bueu.

Zona IV.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Santa Mariña coa punta de Aguete ata as liñas imaxinarias que unen o extremo do peirao da praia de Canteira co peirao da illa de Tambo e o sur da illa de Tambo coa punta Praceres.

Punto de control: Aguete.

Zona V.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une o extremo do peirao da praia de Canteira co peirao da illa de Tambo e o sur da illa de Tambo coa punta Praceres ata o fondo da ría.

Punto de control: Praceres.

– Ría de Vigo.

Defínense catro zonas:

Zona I.

Augas costeiras comprendidas entre a punta Couso (N) e a desembocadura do río Miño (S), exceptuando as zonas II, III, IV.1 e IV.2.

Puntos de control: Cíes, Liméns.

Zona II.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Borneira (N) co cabo Estai (S) e a liña imaxinaria que une a punta Castelo (N) coa punta de Rande (S).

Puntos de control: Rodeira, Moaña, praia da Fonte.

Zona III.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Castelo (N) coa punta de Rande (S) e o fondo da ría.

Puntos de control: Vilaboa, San Simón.

Zona IV.1.

Comprende a enseada de Baiona ata a liña imaxinaria que une a punta Montefaro coas illas Estelas e a punta Monte Real, agás a zona IV.2.

Punto de control: A Ramallosa.

Zona IV.2.

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une o sur de Monte Lourido co norte da praia de Ladeira ata o fondo da ría.

Punto de control: Lombo da Foz.

As zonas delimitadas neste anexo aplicaranse por analoxía aos equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV
Zonas de bancos de moluscos bentónicos epifaunais
(vieira, volandeira e zamburiña)

– Ría de Ferrol.

Defínense dúas zonas:

Zona I.

Comprendida entre a boca da ría e a liña imaxinaria que une a punta do Vispón (N) co cabo Leiras (S).

Puntos de control: enseada de Nande.

Zona II.

Comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta do Vispón co cabo Leiras e o fondo da ría de Ferrol.

Puntos de control: A Graña, peirao comercial, O Seixo.

– Ría de Ares-Betanzos.

Defínese unha zona:

Zona I.

Comprendida desde a boca da ría ata o fondo da ría de Ares-Betanzos.

Puntos de control: Ares, Redes.

– Ría de Muros-Noia.

Defínense dúas zonas:

Zona I.

Comprende desde a boca da ría ata a liña imaxinaria que une a punta Uhía (N) e a punta Aguieira (S).

Puntos de control: Muros, Abelleira.

Zona II.

Comprende a porción da ría delimitada entre a liña imaxinaria que une a punta Uhía coa punta Aguieira e o fondo da ría.

Puntos de control: A Creba.

– Ría de Arousa.

Defínense catro zonas:

Zona I.

Toda a boca da ría ata as liñas imaxinarias que unen Airó Grande (W) coa punta Cantodorxo, no Grove.

Puntos de control: Sálvora, Os Mezos.

Zona II.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Cabío coa punta Campelo, Airó Grande (W) coa punta Cantodorxo, no Grove, e a punta do Con, na Illa de Arousa coa punta Cantodorxo.

Puntos de control: Ribeira, Rúa.

Zona III.1.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Campelo coa punta do Chazo e a punta Campelo coa punta do peirao de Vilanova.

Puntos de control: Rianxo, As Novias.

Zona III.2.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Cabío coa punta Campelo e a punta Campelo coa punta do Chazo.

Puntos de control: Pobra, A Bensa.

Zona IV.

Zona comprendida entre as liñas imaxinarias que unen a punta Campelo, na Illa de Arousa, coa punta do peirao de Vilanova e a punta do Con, na Illa de Arousa, coa punta Cantodorxo.

Puntos de control: Galiñeiro, Tragove.

– Ría de Pontevedra.

Defínense tres zonas:

Zona I.

Comprende desde a boca da ría ata a liña imaxinaria que une a punta Cabicastro (N) co cabo Udra (S).

Puntos de control: Ons.

Zona II.

Comprende a área media da ría entre as liñas imaxinarias que unen a punta Cabicastro co cabo Udra, na zona externa, e a punta Santa Mariña (N) coa punta de Aguete (S).

Puntos de control: Portonovo.

Zona III.

Comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Santa Mariña e a punta de Aguete ata o fondo da ría.

Puntos de control: Aguete.

– Ría de Vigo.

Defínense tres zonas:

Zona I.

Comprendida entre a boca da ría e a liña imaxinaria que une a punta Borneira (N) co cabo Estai (S).

Puntos de control: Cíes, Liméns.

Zona II.

Comprendida entre a liña imaxinaria que une a punta Borneira co cabo Estai e a ponte de Rande.

Puntos de control: Cangas, Moaña, Domaio.

Zona III.

Comprendida entre a ponte de Rande e o fondo da ría de Vigo.

Puntos de control: Rande.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file