Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/127/2012. Paloma Naranjo Morodo.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral, con data do 14 de decembro de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número SIL/127/2012 a Paloma Naranjo Morodo e Enrique Cayetano Naranjo Morodo, pola execución de obras de construción dunha edificación de uso residencial e varias construcións auxiliares e soleiras, sen a preceptiva autorización autonómica, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Castros, termo municipal de Miño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo a Paloma Naranjo Morodo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística; Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística