Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0227-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2012/0227-4.

Acta: I362012000069316.

Empresa: Esabe Vigilancia, S.A.

NIF: A-79 183 117.

Enderezo: rúa Cronos, 8, Madrid.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4, 29 e 35 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 7.5, 8.1, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 17.12.2012

Resolución: anular a acta de infracción, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber a interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 14 de xaneiro de 2013

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa