Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 14 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo) ao Concello de Vilalba.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias con data do 10 de abril de 2002 e for publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente, encontrándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Vilalba solicita a cesión da titularidade dos predios que se indican a seguir:

– Predio nº 19 de 2.377 m2 para o acondicionamento do entorno da escola da Balsa Pequena e aparcadoiro.

– Predio nº 29 de 2.274 m2 para acondicionamento do contorno da capela da Balsa e aparcadoiro.

– Predio nº 693 de 19.401 m2 para destinalo a usos deportivos.

– Predio nº 766 de 384 m2 para contorno da fonte de Sarela.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimiento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que o destino para o cal se solicitan os predios nº 19, 29, 693 e 766 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1º Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo) e adxudicar ao Concello de Vilalba a titularidade dos predios nº 19, 29, 693 e 766 que causan baixa no fondo de terras da zona, a fin de seren destinadas aos fins indicados na parte expositiva da presente resolución.

2º En caso de incumprimento dos fins para o cal son adxudicadas, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ou a outra entidade que corrresponda, segundo o caso.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xaneiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo