Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cesuras (expediente IN407A 168/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT e CT Cesuras.

Situación: concello de Cesuras.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea, tramo I, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km con orixe en apoio nº 36 existente do dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706, no tramo entre a derivada ao CT Dordaño (expediente 52501) e o CT Cesuras, para a LMT CES-705 e entre a derivada ao CT Recemonde (expediente 50967) e o CT Cesuras para a LMT BEG-706, en condutor LA-110/116,2 mm2, e final no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras.

Liña de media tensión aérea, tramo II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, con orixe no apoio nº 39 existente da LMT CES-705, tramo entre o CT Cesuras (expediente 26917) e a derivada ao CT Bragad Braña (expediente 30897), en condutor LA-110/116,2 mm2, e final no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras.

Liña de media tensión aérea, tramo III, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706, entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras, en condutor LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 37-1 existente da LMT CES-705, tramo entre o CT Cesuras e a derivada ao CT San Mamede (expediente 50421).

Liña de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,015 km (cada un dos catro tramos), con orixe en catro pasos aerosubterráneos que se realizará no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en catro celas de liña proxectadas no CT Cesuras para reformar.

Reforma centro de transformación non prefabricado Cesuras, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña