Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 214/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC rúa República Argentina.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,030 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-809, tramo entre o CT Rosalía de Castro, 14 (expediente IN407A 1999/10) e o CT Alameda Ordes (expediente IN407A 1998/302), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia no CT República Argentina proxectado.

– Centro de transformación (CT) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación 20/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña