Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña

EDICTO (284/2009).

Nos autos de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva e resolución din así:

«Sentenza.

A Coruña o trinta de maio de dous mil once.

Milagros Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, viu os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade número 284/2009-P, promovidos polo procurador Juan Pedro Perreau de Pinnick y Zalba, en nome e representación de María Luisa Cortés Crespo, defendida pola letrada Sra. López Rego, contra Ángel Luis Pereira Feal, en situación procesual de rebeldía, nos cales se ditou a presente resolución con base nos seguintes,

Decido que debo de estimar e estimo a demanda formulada polo procurador Sr. Perreau de Pinnick, en nome e representación de María Luisa Cortés Crespo, contra Ángel Luis Pereira Feal, rebelde, e condeno o devandito demandado a aboar á parte demandante a cantidade de 7.540,00 €, así como os xuros legais desde a interposición da presente demanda ata a data da presente resolución, desde a que se aplicarán os previstos no artigo 576 da LAC, con imposición de custas á demandada.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña –Sección Cuarta– que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil. Para a admisión do recurso, a parte recorrente deberá acreditar documentalmente ter constituído un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación e citación a Ángel Luis Pereira Feal, expídese o presente.

A Coruña, 2 de xuño de 2011

O secretario