Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2013 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística, expediente S-2011/037-P, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 18 de decembro de 2012, ditou resolución derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/037-P, que lle foi incoado, entre outros, a Victoria Iraurgui Leguina pola realización de obras consistentes na execución de escaleiras, peche, pozo e casetas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Monte Cabalo, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á interesada, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde a recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria anteriormente indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística