Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2834

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 13/2013, do 31 de xaneiro, polo que se dispón que cese José Manuel Rey Pichel como director xeral do Patrimonio Cultural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de xaneiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Manuel Rey Pichel como director xeral do Patrimonio Cultural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria