Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2863

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos (DOG do 21 de febreiro), establece os obxectivos e características desa proba e prevé no seu artigo 4 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará a convocatoria ou as convocatorias anuais e sinalará os centros onde terán lugar e as súas datas de inscrición e de realización.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2013, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

1. Condicións das persoas aspirantes.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

2. Centros e datas de inscrición e de realización das probas.

1º. O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013 e nos centros enumerados no punto seguinte.

2º. As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 nos seguintes centros:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.

b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, Vigo.

3º. Para a realización da proba, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Innovación Educativa poderá agrupar nun centro os aspirantes inscritos en dúas ou máis localidades en caso de que o seu número non xustifique a creación dun tribunal.

3. Inscrición.

1º. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

2º. Os aspirantes presentarán as súas solicitudes de inscrición nos centros e prazos establecidos na epígrafe anterior, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución. Estas irán dirixidas ao director ou á directora do centro onde se realice a inscrición nas probas.

3º. Igualmente, presentarán a seguinte documentación:

a) Autorización para que o órgano xestor poida realizar a consulta por medio telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade.

b) En caso contrario, fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido, que acredite suficientemente a identidade e a idade do aspirante.

c) Se procede, certificacións académicas ou fotocopia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

d) Declaración responsable de non posuír o título de bacharel nin se achar matriculado en ensinanzas oficiais de bacharelato ou telo estado no curso escolar 2012/13 (anexo II).

e) Solicitude, se procede, de exención de lingua galega (anexo III).

f) Solicitude, se procede, de recoñecemento de necesidades específicas (anexo IV).

Xuntarán a autorización para a consulta do ditame de discapacidade no caso de que esta fose recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia. Cando o ditame fose emitido por outra Administración, xuntarase unha certificación ou ditame da discapacidade.

4. Listas de admitidos e reclamacións.

1º. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal realizará unha sesión para determinar as listas provisionais de admitidos e excluídos, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2º. No prazo de quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo V).

Xunto coa relación de admitidos indicaranse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de Lingua Galega (I e II), de conformidade coa documentación presentada. A equivalencia entre as materias superadas no bacharelato e os exercicios da proba aparece no anexo XIV desta resolución.

3º. O tribunal resolverá as reclamacións que se presenten, concedendo un prazo de emenda e mellora das solicitudes de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da relación.

4º. Unha vez resoltas as reclamacións, o tribunal publicará no centro correspondente a lista definitiva dos aspirantes inscritos e remitirá o anexo VI desta resolución á xefatura territorial correspondente e ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

5º. Xunto coas listas de admitidos, informarase os aspirantes do material que se pode utilizar na realización da proba, como se especifica na epígrafe 7.5 desta resolución.

5. Tribunais.

1º. Á vista dos aspirantes inscritos, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establecerá os tribunais necesarios para a realización das probas.

2º. A xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nomeará os tribunais.

3º. Á vista das especialidades dos vogais de cada tribunal, a presidencia de cada un deles proporá á xefatura territorial, para o seu nomeamento, os asesores especialistas das distintas materias necesarios para colaborar na corrección dos exercicios.

4º. Os membros do tribunal e os asesores especialistas poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), e o Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 30 de xuño).

6. Características da proba.

1º. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades de bacharelato para as que se convoca.

2º. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.

3º. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

4º. Primeiro exercicio, de materias comúns.

a) Primeira parte. Lingua Galega e Literatura.

– Resposta a unha serie de cuestións nas cales se valorarán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais.

– Resposta a unha serie de cuestións sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, en que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.

b) Segunda parte. Lingua Castelá e Literatura.

– Resposta a unha serie de cuestións nas cales se valorarán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais.

– Resposta a unha serie de cuestións sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, en que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.

c) Terceira parte. Lingua Estranxeira: a partir dun texto ou textos propostos, o aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía e Cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España.

5º. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias da modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.

O aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias obrigatorias da modalidade que seleccione, e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo VII.

Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.

7. Normas de realización.

1º. As probas realizaranse o día 26 de abril de 2013 en sesións de mañá e tarde.

2º. Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Os aspirantes identificaranse debidamente antes de entraren neles.

3º. A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias comúns. Organizarase en dous períodos:

Primeiro, das 9.00 ás 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias comúns Lingua Galega e Literatura (I e II) e Lingua Castelá e Literatura (I e II). Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os protocolos de exames correspondentes a ambas as linguas, para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

Segundo período, das 12.30 ás 14.30: realizaranse os exames correspondentes a Lingua Estranxeira (I e II) e cuestións de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía e Cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os dous protocolos de exames para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

4º. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias de modalidade, de acordo coas especificacións do anexo VII, e durará das 16.30 ás 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias de modalidade obrigatorias.

Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as catro opcións da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

Terceiro, das 19.30 ás 20.30: realizarase a parte terceira das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

5º. Os aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) No caso das materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química, electrotecnia, tecnoloxía industrial e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) No caso das materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas.

c) No caso da materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro e cartabón, compás.

Os aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.

8. Certificación e expedición do título.

1º. A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a súa validación (anexo VIII).

2º. Os tribunais deixarán tamén constancia das cualificacións obtidas polos aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, de materias de modalidade (anexo IX), para os efectos da certificación mencionada no número 4 deste punto.

3º. Os tribunais utilizarán os modelos que figuran nos anexos X e XI para expedir aos aspirantes as certificacións de ter superado algún dos exercicios ou de ser propostos para a expedición do título de bacharel.

4º. As persoas que superen os dous exercicios ou as que tivesen validado o primeiro exercicio e superen o segundo poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, de materias de modalidade, para que poidan xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal expedirá esa certificación segundo o modelo do anexo XII.

5º. Concluído o proceso de avaliación, os presidentes dos tribunais remitirán a ficha estatística do anexo XIII ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

6º. Concluído ese proceso de avaliación por parte do tribunal, as certificacións posteriores solicitadas polos aspirantes serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se custodia a documentación das probas.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Lista de aspirantes admitidos

Convocatoria de abril de 2013

Inscrito para realizar o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte (2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de lingua galega (3)

Apelidos e nome

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencia e Tecnoloxía (2)

Artes (2)

  1. Indicar cunha cruz [X] a proba ou probas nas cales o aspirante está inscrito.
  2. CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10.
  3. Indicar SI no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON, no caso contrario.

ANEXO V - SEGUNDA PARTE

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2013

Lista de aspirantes excluídos

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO VI

Número de aspirantes inscritos para realizar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2013)

Centro ____________________________ Provincia _______________

1º Exercicio

Nº aspirantes

1º Exercicio

Nº aspirantes

Inglés

Francés

2º Exercicio

Nº aspirantes

2º Exercicio

Humanidades e Ciencias Sociais

Nº aspirantes

Ciencias e Tecnoloxía

Nº aspirantes

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II).

Física e Química e Física.

Latín (I e II).

Física e Química e Química.

Economía e Economía da Empresa.

Física e Química e Electrotecnia.

Grego (I e II).

Debuxo Técnico (I e II).

Literatura Universal e Historia da Arte.

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra e Ambientais.

Tecnoloxía Industrial (I e II).

ANEXO VII

Modalidades e vías

Ciencias e Tecnoloxía

Parte 1

Matemáticas (I e II)

Parte 2: unha destas opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Física e Química e Electrotecnia

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: unha destas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra e Ambientais

Tecnoloxía Industrial (I e II)

Humanidades e Ciencias Sociais

Parte 1

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Parte 2: unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 3: unha destas opcións

Economía e Economía da Empresa

Grego (I e II)

Literatura Universal e Historia da Arte

ANEXO VIII

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2013 Folla número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de aspirantes

2. Número de aspirantes propostos para título

Nº de orde

Apelidos e nome

Modalidade [1]

Idioma [2]

Cualificación

1º exercicio (materias comúns) [3]

Validación

1º exercicio (materias comúns) [3]

Cualificación

2º exercicio (materias de modalidade) [3]

Validación

2º exercicio (materias de modalidade) [3]

Nota final [4]

Titula [5]

  1. Escribir: HCS (Humanidades e Ciencias Sociais); CT (Ciencias e Tecnoloxía); AEMD (Artes, vía de artes escénicas, música e danza); APDI (Artes, vía de artes plásticas, deseño e imaxe).
  2. Escribir: I (Inglés); F (Francés).
  3. CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 1 e 10, non presentado (NP).
  4. NOTA FINAL: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.
  5. TITULA: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende................... aspirantes e acaba con..................................................................

............................................................, .......... de ...................................................... de 20....

Visto e prace
O/A presidente/a, Vogais, O/A secretario/a do tribunal

ANEXO IX

Modelo de lista de cualificacións de materias de modalidade

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2013 Folla___ Número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

Nº de orde

Apelidos e nome

Historia Mundo Contemporáneo/

Xeografía

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Grego (I e II)

Literatura Universal e Historia da Arte

Matemáticas (I e II)

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Física e Química e Electrotecnia

Debuxo Técnico (I e II)

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra e Ambientais

Tecnoloxía Industrial (I e II)

(* ) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 1 e 10, sen decimais; non presentado (NP).

............................................................, .......... de ...................................................... de 20....

Visto e prace
O/A presidente/a, Vogais, O/A secretario/a do tribunal

ANEXO X

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

(Orde do 10 de febreiro de 2012, DOG do 21 de febreiro)

CERTIFICADO

Don/Dona_________________________________________________________________, secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2013, realizada no centro_______________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA que D/Dª _________________________________________________________________________, con DNI nº________________________, superou (1) _____________________________ da proba coa cualificación que se expresa (2) __________________________________.

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: materias comúns» ou «o segundo exercicio: materias de modalidade».

(2) Indíquese a cualificación correspondente.

_______________________________, _______ de ______________________ de 2013

Visto e prace
O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO XI

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

(Orde do 10 de febreiro de 2012, DOG do 21 de febreiro)

CERTIFICADO

Don/Dona_________________________________________________________________, secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2013, realizada no centro ____________________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA que D/Dª _______________________________________________________________________, con DNI nº_______________________, superou os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) _______________________________ coa cualificación que se expresa _____________________________ e que, unha vez aboadas as taxas correspondentes, será proposto para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e vía.

______________________________, _______ de ________________________ de 2013

Visto e prace
O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO XII

Don/Dona______________________________________________________, secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2013, realizada no centro ___________________________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA que D/Dª ________________________________________________________________________, con DNI nº_________________________, obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, de materias de modalidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Cualificación *

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

Cualificación *

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Matemáticas (I e II)

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Física e Química e Física

Latín (I e II)

Física e Química e Química

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Electrotecnia

Grego (I e II)

Debuxo técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Arte

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra e Ambientais

Tecnoloxía Industrial (I e II)

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

_________________________________, ______ de ______________________ de 2013

Visto e prace

O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO XIII

Estatística xeral

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Centro: Localidade: Provincia:

Data de realización da proba: __________ de abril de 2013.

Número total de aspirantes inscritos/as __________

Número total de aspirantes presentados/as __________

Número total de aspirantes cun exercicio superado __________

Número total de aspirantes propostos/as para título __________

1. Número total de aspirantes presentados/as, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

2. Persoas con necesidades educativas especiais, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

3. Número total de aspirantes presentados/as que se propoñen para a obtención do título de bacharel.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

Asdo.: .................................................................. (Selo)

ANEXO XIV

Validación de exercicios da proba por grupos de materias superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: materias comúns

Materias comúns superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II, Lingua Castelá e Literatura I e II, Lingua Estranxeira I e II, Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía e Cidadanía, Historia da Filosofía, Historia de España.

Primeiro exercicio: materias comúns.

Segundo exercicio: materias de modalidade

(Os aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas tres materias de 2º curso da modalidade elixida).

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias e Tecnoloxía

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias obrigatorias:

-Historia Mundo Contemporáneo.

-Xeografía.

Segundo exercicio

As materias obrigatorias:

-Matemáticas I.

-Matemáticas II.

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo):

-Economía.

-Grego I.

-Latín I.

-Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

-Economía da Empresa.

-Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

-Grego II.

-Latín II.

-Historia da Arte.

-Literatura Universal.

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo):

-Bioloxía e Xeoloxía.

-Debuxo Técnico I.

-Física e Química.

-Tecnoloxía Indust. I.

-Bioloxía.

-Ciencias da Terra e Ambientais.

-Debuxo Técnico II.

-Electrotecnia.

-Química.

-Física.

-Tecnoloxía Indust. II

Artes Escénicas, Música e Danza

Artes Plásticas, Imaxe e Deseño

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias obrigatorias:

-Cultura Audiovisual

-Hª da Música e da Danza

Segundo exercicio

As materias obrigatorias:

-Cultura Audiovisual

-Técnicas de Expresión
Gráf./Plá.

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas de 1º curso e dúas de 2º):

-Análise Musical I.

-Anatomía Aplicada

-Linguaxe e Práctica Musical.

-Análise Musical II.

-Artes Escénicas.

-Literatura Universal.

E catro destas materias (dúas de 1º curso e dúas de 2º):

-Volume.

-Debuxo Artístico I

-Debuxo Técnico I

–Debuxo Artístico II

-Debuxo Técnico II

-Deseño.

-Historia da Arte.