Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2013, do Servizo de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-03/2012, por infracción leve en materia de turismo.

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-03/2012, da xefa do Servizo de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a secretaria xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-S-03/12.

Titular sancionado: Ourense Graos, S.L.

Establecemento: Zona Cero.

Domicilio: Ramón Cabanillas, 18.

Localidade: Ourense.

Resolución: 9 de outubro de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.

Ourense, 17 de xaneiro de 2013

Manuela Penín López
Xefa do Servizo de Turismo de Ourense