Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2548

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2013 pola que se establecen as condicións de dúas emisións de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe de 500 millóns de euros e de 300 millóns de euros, respectivamente.

O artigo 54 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia indica que se a Lei de orzamentos xerais non for aprobada polo Parlamento de Galicia antes do primeiro día do exercicio económico en que deba aplicarse, consideraranse automaticamente prorrogados os do exercicio inmediato anterior.

O Decreto 263/2012, do 27 de decembro, regula as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. De conformidade coa súa disposición adicional segunda, durante o período de prórroga continuará en vigor, coas excepcións da súa adaptación ao establecido neste decreto, o texto articulado da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2012.

Neste sentido, o artigo 35 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, autoriza a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei, mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos.

Así mesmo, no artigo 33 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia establécese que as emisións de débeda pública ou operacións de crédito que realice a Comunidade terán que ser autorizadas, en todo caso, polo conselleiro de Economía e Facenda dentro dos límites sinalados pola lei, ao cal lle corresponderá, tamén, autorizar as súas características técnicas e o seu tipo de xuro, se estes non fosen determinados pola súa lei de creación. Esta facultade corresponde na actualidade á conselleira de Facenda, en virtude da nova estruturación dos departamentos da Xunta de Galicia, regulada polos decretos 227/2012, do 2 de xaneiro, e 235/2012, do 5 de decembro.

Mediante Acordo do Consello de Ministros do 18 de xaneiro de 2013 obtívose a autorización establecida no artigo 14.3 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1

Autorízase unha emisión de débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia (o «emisor») por un importe nominal de 500 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigacións sénior, non garantidas e non subordinadas da Xunta de Galicia (as «obrigacións»), representadas mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:

Importe nominal da emisión: cincocentos (500) millóns de euros.

Data da emisión e desembolso: 30 de xaneiro de 2013.

Data de vencemento: 3 de abril de 2017, con suxeición á convención de día hábil seguinte non axustado (following unadjusted).

Prezo de emisión por obrigación: ao par (100 % do importe nominal de cada obrigación) libre de gastos para o subscritor.

Importe nominal de cada obrigación: mil (1.000) euros.

Entidade colocadora: BBVA.

Subscrición: a emisión das obrigacións está destinada a investidores cualificados e o seu desembolso será realizado a través da entidade colocadora da emisión na data de emisión e desembolso, coa intervención do Banco de España de acordo cos procedementos que este ten establecidos para os membros do mercado de débeda pública en anotacións.

Cupón: as obrigacións devindicarán e o emisor pagará un cupón por períodos de xuro vencidos, de acordo coas seguintes regras:

(i) O primeiro período de xuro iniciarase na data de emisión e desembolso e finalizará o 3 de abril de 2014.

(ii) Os seguintes períodos de xuros serán anuais, pagándose o cupón o día 4 de cada mes de abril, a partir do 3 de abril de 2015 e ata a data de vencemento.

(iii) Cada período de devindicación de cupóns vai desde unha data de pagamento de cupóns (inclusive) á seguinte (excluída), no entendemento de que o primeiro período de devindicación de cupóns comezará na data de emisión e desembolso e o último finalizará na data de vencemento.

Convención de día hábil: cando calquera data de pagamento teña a consideración de inhábil no sistema Target, ou aquel que poida substituílo no futuro, o pagamento dos cupóns e o reembolso pola amortización das obrigacións efectuaranse no día hábil seguinte segundo o calendario do dito sistema.

O tedor dos valores non terá dereito a percibir xuros como consecuencia dese posible atraso.

Nos casos en que, de acordo coa lexislación vixente, sexa aplicable a devolución da retención practicada nos cupóns desta emisión, será o Banco de España o que xestione o correspondente procedemento, segundo se establece na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xuño de 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de xuño.

Cotización: as obrigacións estarán representadas mediante anotacións en conta e inscritas na Sociedad de Gestión de los Sistemas de Registro, Compensación y Liquidación de Valores, S.A. (Iberclear) e solicitarase a súa admisión a negociación no mercado de débeda pública en anotacións na forma prevista nos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, e nos demais preceptos legais aplicables na materia.

Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta emisión goza dos mesmos beneficios e condicións que a débeda pública do Estado.

Amortización das obrigacións: as obrigacións serán amortizadas na súa totalidade ao par (100 % do importe nominal de cada obrigación), na data de vencemento, o 3 de abril de 2017.

Tipo de xuro: para cada un dos períodos de xuro, o tipo de xuro será o 5,763 % nominal anual.

Os xuros calcularanse sobre a base de cálculo Act/Act, sen axuste ningún de cada período de devindicación de cupóns como resultado da convención de día hábil. Para tales efectos, Act/Act ten o significado que se lle asigna nas definicións ISDA 2006 publicadas pola International Swaps and Derivatives Association.

Pagamento de xuros e amortización: o pagamento dos xuros e a amortización da débeda realizaraos o Banco de España, de acordo co establecido no Convenio marco do 7 de novembro de 2005, sobre prestación do servizo de tesouraría y do servizo financeiro de débeda pública.

Lei aplicable: as obrigacións e todas as cuestións que deriven ou garden relación coas obrigacións rexeranse e interpretaranse de conformidade coas leis españolas.

Xurisdición: os tribunais da cidade de Santiago de Compostela teñen xurisdición exclusiva para resolver calquera disputa que xurda ou estea relacionada coas obrigacións.

Artigo 2

Autorízase unha emisión de débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia (o «emisor») por un importe nominal de 300 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigacións sénior, non garantidas e non subordinadas da Xunta de Galicia (as «obrigacións»), representadas mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:

Importe nominal da emisión: trescentos (300) millóns de euros.

Data da emisión e desembolso: 30 de xaneiro de 2013.

Data de vencemento: 3 de abril de 2018, con suxeición á convención de día hábil seguinte non axustado (following unadjusted).

Prezo de emisión por obrigación: ao par (100 % do importe nominal de cada obrigación) libre de gastos para o subscritor.

Importe nominal de cada obrigación: mil (1.000) euros.

Entidade colocadora: BBVA.

Subscrición: a emisión das obrigacións está destinada a investidores cualificados e o seu desembolso será realizado a través da entidade colocadora da emisión na data de emisión e desembolso, coa intervención do Banco de España de acordo cos procedementos que este ten establecidos para os membros do mercado de débeda pública en anotacións.

Cupón: as obrigacións devindicarán e o emisor pagará un cupón por períodos de xuro vencidos, de acordo coas seguintes regras:

(i) O primeiro período de xuro iniciarase na data de emisión e desembolso e finalizará o 3 de abril de 2014.

(ii) Os seguintes períodos de xuros serán anuais, pagándose o cupón o día 4 de cada mes de abril, a partir do 3 de abril de 2015 e ata a data de vencemento.

(iii) Cada período de devindicación de cupóns vai desde unha data de pagamento de cupóns (inclusive) á seguinte (excluída), no entendemento de que o primeiro período de devindicación de cupóns comezará na data de emisión e desembolso e o último finalizará na data de vencemento.

Convención de día hábil: cando calquera data de pagamento teña a consideración de inhábil no sistema Target, ou aquel que poida substituílo no futuro, o pagamento dos cupóns e o reembolso pola amortización das obrigacións efectuaranse no día hábil seguinte segundo o calendario do dito sistema.

O tedor dos valores non terá dereito a percibir xuros como consecuencia dese posible atraso.

Nos casos en que, de acordo coa lexislación vixente, sexa aplicable a devolución da retención practicada nos cupóns desta emisión, será o Banco de España o que xestione o correspondente procedemento, segundo se establece na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xuño de 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de xuño.

Cotización: as obrigacións estarán representadas mediante anotacións en conta e inscritas na Sociedad de Gestión de los Sistemas de Registro, Compensación y Liquidación de Valores, S.A. (Iberclear) e solicitarase a súa admisión a negociación no mercado de débeda pública en anotacións na forma prevista nos artigos 55 y seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, y nos demais preceptos legais aplicables na materia.

Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5 de la Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta emisión goza dos mesmos beneficios e condicións que a débeda pública do Estado.

Amortización das obrigacións: as obrigacións serán amortizadas na súa totalidade ao par (100 % do importe nominal de cada obrigación), na data de vencemento, o 3 de abril de 2018.

Tipo de xuro: para cada un dos períodos de xuro, o tipo de xuro será o 6,131 % nominal anual.

Os xuros calcularanse sobre a base de cálculo Act/Act, sen axuste ningún de cada período de devindicación de cupóns como resultado da convención de día hábil. Para tales efectos, Act/Act ten o significado que se lle asigna nas definicións ISDA 2006 publicadas pola International Swaps and Derivatives Association.

Pagamento de xuros e amortización: o pagamento dos xuros e a amortización da débeda realizaraos o Banco de España, de acordo co establecido no Convenio marco do 7 de novembro de 2005, sobre prestación do servizo de tesouraría y do servizo financeiro de débeda pública.

Lei aplicable: as obrigacións e todas as cuestións que deriven ou garden relación coas obrigacións rexeranse e interpretaranse de conformidade coas leis españolas.

Xurisdición: os tribunais da cidade de Santiago de Compostela teñen xurisdición exclusiva para resolver calquera disputa que xurda ou estea relacionada coas obrigacións.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda