Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de decembro de 2012 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello da Coruña e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante as ordes da Consellería de Facenda do 3 e 10 de setembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Cerdido e uns pisos da rúa Xustiza e Florida do concello da Coruña.

Logo de publicarse o 13 de novembro de 2012 no Diario Oficial de Galicia número 216 e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día) o anuncio, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 13 de decembro de 2012 a poxa pública anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

1. A Antonio Villaverde Rodríguez, polo prezo de 43.993,59 euros, a vivenda descrita como predio urbano número 2. Andar primeiro da casa sinalada co número 12 da rúa Xustiza da cidade da Coruña. Vivenda do andar da súa denominación, cunha superficie útil duns 50 m2, distribuída en forma adecuada ao seu destino. Linda: vista desde a rúa Xustiza: á fronte, coa dita rúa e oco das escaleiras; dereita, relanzo e oco das escaleiras, e casa número 10 da propia rúa, de María Pena Verdura; esquerda, casa sinalada co número 14 da mesma rúa, de Luis Seoane García; e traseira, voo sobre patio da planta baixa. Asígnaselle unha cota de participación de 22 enteiros por cento. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña como predio nº 1570, tomo 29, libro 29 e folio 79. Referencia catastral: 8928119NJ4082N0002HX.

Segundo. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Vivenda. Predio urbano situado na rúa Florida, 16-2º andar, da cidade da Coruña, dunha superficie de 82,90 m2, cunha cota de participación de 16 enteiros por cento. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña como predio nº 27276, tomo 2.465, libro 2.465 e folio 203. Referencia catastral: 8924315NJ4082S0003GI. Tipo de licitación: 49.401,46 euros.

2. Parcela Soocano, situada no lugar da Felgosa de Arriba, parroquia da Barqueira (Cerdido), cunha superficie aproximada de 635 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con Filomena Prieto Díaz; sur, con ribado en labradío de Perfecta Villarnovo; leste, estrada de Viveiro a Liñares; e oeste, con ribado en terra labradía de Andrés Romero Coba, antes Concepción Luaces. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira como predio nº 3242, tomo 315, libro 23 e folio 136. Referencia catastral: 15025A065002100000BJ. Tipo de licitación: 10.609,50 euros.

De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, terá lugar segunda poxa o día 20 de febreiro de 2013, no salón de actos do edificio administrativo da praza de Pontevedra da Coruña, a partir das 11.15 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15 %. Se a segunda poxa quedar deserta, os inmobles ofertaranse a seguir en terceira poxa cunha rebaixa do tipo de licitación dun 30 % respecto da primeira.

Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, sendo por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda