Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de exposición ao público da ampliación do cemiterio parroquial de San Miguel de Valadares.

O Concello de Outes anuncia a exposición ao público do proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de San Miguel de Valadares, no núcleo rural tradicional do lugar de Valadares, que promove o Arcebispado de Santiago de Compostela, con suxeición ao proxecto técnico redactado pola arquitecta Sra. Sande Beiro. A ampliación consiste na construción de catro novos panteóns con tres nichos cada un polo vento norte do actual recinto do cemiterio.

O proxecto exponse ao público coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas no prazo de 20 días soltos contados desde que se publique este anuncio no taboleiro de edictos e na páxina dixital da Corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e no Diario Oficial de Galicia.

O expediente está á disposición das persoas interesadas nas oficinas da Casa do Concello.

Outes, 7 de xaneiro de 2013

Carlos E. López Crespo
Alcalde