Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre legalización de naves destinadas a granxa de explotación cunícola.

Solicitada por Agrosoneira, S.L. a legalización de naves destinadas a granxa de explotación cunícola en Cundíns, de acordo co artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG) poidan examinar o expediente en horario de oficina na secretaría deste concello as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as observacións que consideren oportunas.

Cabana de Bergantiños, 22 de xaneiro de 2013

José Muíño Domínguez
Alcalde