Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2409

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 12/2013, do 17 de xaneiro, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de San Sadurniño (A Coruña) para a delimitación do núcleo rural da Esperanza.

1. O Concello de San Sadurniño remite o expediente de referencia en solicitude da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, logo de informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, conforme o disposto no artigo 95.4 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. O Concello de San Sadurniño dispón na actualidade dunhas normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo na sesión do 23.3.1992.

3. A modificación puntual ten por obxecto recoñecer como núcleo rural común o núcleo da Esperanza, que non foi recollido como tal nas normas subsidiarias de planeamento vixentes, fundamentándose na disposición transitoria 1ª.e) da LOUG, que prevé a posibilidade de modificar o planeamento para recoñecer e delimitar núcleos rurais ao abeiro dos criterios do artigo 13 da LOUG.

4. A modificación puntual seguiu a tramitación regulamentaria:

– A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental resolveu, con data do 2.1.2012, non someter a modificación a avaliación ambiental estratéxica.

– Consta a emisión dos preceptivos informes municipais: da arquitecta con data do 14.3.2012, e do secretario o 21.3.2012.

– A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previo á aprobación inicial (artigo 85.1 da LOUG) con data do 25.5.2012.

– O Concello Pleno de San Sadurniño aprobou inicialmente o proxecto en sesión do 7.7.2012. Foi sometido a información pública polo prazo de dous meses (Diario Oficial de Galicia do 26.7.2012, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia do 31.7.2012) e foron notificados os concellos limítrofes de Moeche, As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Neda, Narón, Valdoviño e As Somozas, sen se presentar ningunha alegación segundo o certificado do secretario municipal do 28.9.2011.

– Consta a emisión dos preceptivos informes sectoriais favorables: Augas de Galicia, con data do 3.10.2012; Deputación Provincial en materia de estradas, con data do 19.10.2012; e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 26.11.2012.

– O proxecto foi aprobado provisionalmente polo Pleno municipal do 3.11.2012.

5. As razóns de interese público da modificación fundaméntanse na adaptación do planeamento á realidade mediante o recoñecemento do núcleo existente, o que encaixa dentro das razóns precisas segundo o artigo 94.1 da LOUG.

6. Os terreos do ámbito, de 41.755 m2, encóntranse clasificados actualmente como solo non urbanizable, nas categorías de réxime normal e agropecuario. Nas proximidades existe unha capela, elemento catalogado (ordenanza PHA), e un curso de auga. Actualmente existen nel oito edificacións principais, sendo cinco delas tradicionais.

7. Conforme o exixido no artigo 13.1 da LOUG, trátase dun asentamento tradicional de poboación singularizado no Nomenclátor da provincia da Coruña aprobado polo Decreto 189/2003, cun grao de consolidación edificatoria do 34,14 % > 33,33 % exixible.

8. Ao afectar a modificación puntual solo rústico de especial protección agropecuaria, obtívose o preceptivo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia na súa sesión do 19 de decembro de 2012, conforme o establecido no artigo 95.4 da LOUG.

De conformidade co artigo 95.4 da LOUG, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais de planeamento xeral de ordenación municipal que teñan por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia, logo do informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que foi emitido na súa sesión do 19 de decembro de 2012.

Visto canto antecede, de acordo co disposto nos artigos 85.7) e 95.4) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; e no artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

Visto o informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia na súa sesión do 19 de decembro de 2012,

Vista a proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de data 8 de xaneiro de 2013,

E logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezasete de xaneiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de San Sadurniño (A Coruña) para a delimitación do núcleo rural da Esperanza.

Disposición derradeira. Recursos

Segundo o disposto no artigo 85.11 da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra el poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas