Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (79/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 79/2011 por instancia de Julio Ricardo Bordalecou Fernández contra as empresas Pop Services La Coruña, S.L., Pop Motorshop, S.L., Pop Vehículos, S.L., Unlimited Bikes, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2 de xaneiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Julio Ricardo Bordalecou Fernández fronte a Pop Services La Coruña, S.L., Pop Motorshop, S.L., Pop Vehículos, S.L., Unlimited Bikes, S.L., Ocio Pop, S.L. (desistido) e, en consecuencia, condénase a Pop Services La Coruña, S.L., Pop Motorshop, S.L., Pop Vehículos, S.L., Unlimited Bikes, S.L. a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de tres mil catrocentos noventa e seis euros con oitenta e sete céntimos de euro (3.496,87 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial