Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/95-2, 8064 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS CD Illa de Man-Aviación Española-G. La Paz.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: LMTS a 20 kV en canalización proxectada (372 metros) e existente (578 metros), con orixe mediante empalme na LMTS existente CT Aceña de Olga 11 (13642) a CT Illa de Man (14248), entra e sae no CT Aviación Española (109), entra e sae no CT Grupo La Paz (6727) e remata no CT Illa de Man (14248), cunha lonxitude de 950 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo