Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012042TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 20 de novembro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012042TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Mª Concepción Rojo de la Cruz (Na Punta do Pé).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Mª Concepción Rojo de la Cruz (Na Punta do Pé) o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, na Secretaría Xeral (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2012042TA-CO.

Denunciada: Mª Concepción Rojo de la Cruz (Na Punta do Pé).

DNI/CIF: 71245645-V.

Último enderezo coñecido: Chaburra, 11, bloque 2-4º B, 15160 Sada (A Coruña).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005 e artigo 42 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.