Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2174

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de xaneiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 27 de xuño de 2012.

Pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012 (DOG número 126, do 3 de xullo) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Rematado o prazo de alegacións á valoración provisional publicada pola Resolución do 12 de decembro de 2012 (DOG número 240, do 18 de decembro) sen que ningún dos concursantes presentase reclamación contra a dita valoración, esta comisión, na súa xuntanza do día 16 de xaneiro de 2013, acordou elevar á Consellería de Facenda a proposta definitiva de resolución do concurso.

Polo exposto, esta consellería, de conformidade co previsto na base VII.5 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, adxudicando aos/ás traballadores/as que se relacionan os postos de traballo que se especifican.

Segundo. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta.

O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde da Consellería de Facenda pola que se abra o prazo para tal efecto.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da orde da Consellería de Facenda pola que se abren os prazos posesorios.

Terceiro. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou polo de concurso, caso en que poderá optar por un dos dous.

Os/as adxudicatarios/as están obrigados/as a comunicar por escrito a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos tres días seguintes ao da publicación da orde da Consellería de Facenda polo que se abren os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Linares

Cuerpo

María Dolores

35992391J

A

1

FC.A01.00.002.15770.012

Sección de Contas Económicas II

FC

Santiago de Compostela

25

22.200

Suárez

Morao

Marta

44829020L

A

2

FC.A01.00.000.15770.017

Técnico/a facultativo/a superior

FC

Santiago de Compostela

22

12.850

Torrado

Solar

Pablo

44828434P

A

4

FC.A01.00.000.15770.019

Técnico/a facultativo/a superior

FC

Santiago de Compostela

22

10.600