En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2012.
Convenio |
Importe (€) |
Data sinatura |
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Maside para a asunción pola consellería da recadación en vía executiva dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular o Concello. |
Sen achega económica |
3.9.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Concello de Santiago de Compostela para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante |
Sen achega económica |
28.9.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña. |
Sen achega económica |
8.10.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. |
Sen achega económica |
8.10.2012 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Asociación Europea de Asesores de Empresa (AEDADE) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria. |
Sen achega económica |
25.10.2012 |