Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no polígono 29 (P-29), Cornes III.

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2012, adoptou entre outros o seguinte acordo:

a) Estimar parcialmente a alegación formulada por María Dolores Lista Ameneiro no sentido de rectificar as zonas comúns e recoller o resío que se indica na alegación dentro da parcela 671-B2, pero unicamente con 22 metros máis, posto que os outros 15 se corresponden co camiño público da fonte.

b) Rexeitar a alegación formulada por María Consuelo Tarrío Tojo ao non achegar título acreditativo de propiedade da parcela 673, que deberá figurar a nome de propietario descoñecido.

c) Aprobar definitivamente o estudo de detalle do polígono 29 do Plan xeral, redactado polo arquitecto Julio Vázquez y Asociados e promovido por Santiago e Purificación Vázquez Costoya, presentado con data 13 de novembro de 2012 e que xa recolle no novo plano ED3 o resultado da estimación parcial da alegación formulada por María Dolores Lista Ameneiro, á cal se fixo referencia na anterior letra a).

O presente acordo notificaráselles persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada. Ademais, o acordo comunicaráselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se remitirán dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data 7 de decembro de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde