Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2045

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade a unha segunda relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro de 2012

Data

Título do convenio

Importe

3.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia)

1.532.113,00 €

4.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para impulsar o Campus da Auga

247.800,00 €

10.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo para participar no Programa de competencias para investigadores-Gradschool

99.000,00 €

11.9.2012

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de madeira, moble e cortiza

0,00 €

11.9.2012

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción para o recoñecemento da formación preventiva impartida nos centros públicos, dependentes desta consellería, para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción

0,00 €

12.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a construción e o desenvolvemento do Centro de Biomedicina Experimental (Cebega)

1.059.478,00 €

12.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo para a incorporación de persoal investigador (programa I3)

773.046,90 €

14.9.2012

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

30.050,00 €

14.9.2012

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol Petróleo, S.A. Complexo Industrial da Coruña sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional, especialmente nas da familia de química

0,00 €

21.9.2012

Addenda ao convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

0,00 €

22.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universitat de Barcelona para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

62.688,48 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Extremadura para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

0,00 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Bangor University (Prifysgol Bangor) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

62.476,32 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para o apoio ás infraestruturas científico-tecnolóxicas, á investigación e á innovación

1.000.000,00 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o apoio ás infraestruturas científico-tecnolóxicas, á investigación e á innovación

1.000.000,00 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para o apoio ás infraestruturas científico-tecnolóxicas, á investigación e á innovación

1.000.000,00 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Queen’s College da University of Oxford, para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

63.152,46 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

50.000,00 €

1.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

62.976,76 €

2.10.2012

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Vitivinícola do Ribeiro, SCG para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro

0,00 €

2.10.2012

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia da sanidade

36.000,00 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Eberhard Karls-Universität Tübingen para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

57.976,32 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Padova para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

56.976,32 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Granada para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

51.462,56 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Nova de Lisboa para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

56.976,32 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade do Algarve para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

56.976,32 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahia para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

61.807,68 €

5.10.2012

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Alumnio Español, S.A./Alúmina Española, S.A. sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia de fabricación mecánica

0,00 €

8.11.2012

Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para o alumnado no centro neuropsicopedagóxico O Pelouro, durante o curso 2012-2013

504.564,13 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Supervisión y Control, S.A. para o desenvolvemento do proxecto Reinventa a ITV, inventa o teu futuro

0,00 €

27.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados

682.500,00 €