Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 2024

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Aprobado provisionalmente en sesión que tivo lugar o 28 de decembro de 2012 polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia o censo electoral correspondente á elección de cargos do 26 de marzo de 2013, comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 43 dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 47 exponse ao público, no taboleiro de anuncios do Colexio, durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último inserido no DOG e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2012

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente