En cumprimento do disposto no artigo 45.2 dos estatutos, faise público que o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 26 de decembro de 2012, acordou convocar eleccións a cargos dos órganos de goberno e fixar a xornada electoral o 26 de marzo de 2013, na sede social de Compostela, entre as 10.00 e as 18.00 horas, quedando aberto o prazo para a presentación de candidaturas.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012
Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente