O 28 de novembro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador número 2012264TA-CO incoado a José Manuel Piñeiro Oroveiro.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José Manuel Piñeiro Oroveiro o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H; ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 18 de decembro de 2012
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Número de expediente: 2012264TA-CO.
Interesado: José Manuel Piñeiro Oroveiro.
DNI/NIF/CIF: 33211344B.
Último enderezo coñecido: praza de España, 8, baixo - B, 15970 Porto do Son.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: a) artigo 35.a.1) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subminis-tración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos 7.u) e 19.1 e 2.a).
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 30 € (trinta euros).