Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 236/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT polígono Río do Pozo.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,024 km, coa orixe no paso aereosubterráneo que se vai instalar no apoio existente da LMTA CRN-719 polígono Río do Pozo nº 19 tramo entre o CT Río Seco (expediente IN407A 42/2004) e o CT polígono do Pozo 4 (expediente IN407A 29/1994) en condutor tipo
RHZ-2OL kV 3(1×240) mm² A, e remate no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400.230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña