Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 107/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20, 15129 Vimianzo.

Denominación: LMTS Gándara-Toxa.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 1.348 m, con orixe en cela de liña do CT Gándara (expediente 316/06) e final no apoio do CTI A Toxa (expediente 51.182), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2013

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas