Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se notifica un emprazamento aos titulares das vivendas do inmoble da Unidade U-2 da Urbanización Os Tilos, no concello de Teo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dada a imposibilidade de identificar os propietarios, notifícaselles aos titulares das vivendas do inmoble da Unidade U-2 da Urbanización Os Tilos, no concello de Teo, A Coruña, o emprazamento no procedemento ordinario 4450/2010, da Sección 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Jaime Villares Pernas contra a Orde do 4 de xuño de 2010 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Teo (A Coruña).

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do emprazamento:

Prazo: durante os 10 días seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas