Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se notifica un emprazamento á persoa propietaria do predio situado na marxe oposta ao nº 7 da rúa Doutor Fleming de Mera (concello de Oleiros).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o interesado cos datos facilitados pola Xerencia do Catastro e dado o grao de dificultade para a súa identificación, notifícaselle á persoa propietaria do predio situado na marxe oposta ao nº 7 da rúa Doutor Fleming de Mera (concello de Oleiros), o emprazamento no procedemento ordinario 4347/2009, da Sección 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Francisco Castro Rey contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 11 de marzo de 2009 que aproba definitivamente o PXOM do Concello de Oleiros (DOG do 17 de abril).

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do emprazamento:

Prazo: durante os 10 días seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Edificios Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas