Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de asistencia técnica e dinamización das salas cardio-fitness nesta universidade (expediente 321/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 35 56.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: xseccon@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 321/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de asistencia técnica e dinamización das salas cardio-fitness na Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 3 lotes: lote 1, Campus de Vigo; lote 2, Campus de Ourense e lote 3, Campus de Pontevedra.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Campus de Vigo, Campus de Ourense e Campus de Pontevedra.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do 1 de abril de 2013. En caso de que a data de inicio sexa posterior, a duración sería dun ano desde o día seguinte ao da sinatura do contrato. O contrato pode ser obxecto de prórroga por 2 anos máis por períodos anuais.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 157.920 €; lote 2: 157.920 €; lote 3: 157.920 €.

5. Orzamento base de licitación: 14,1 €/hora para cada lote e IVE a soportar 2,96 € para cada lote.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 4.777,08 € para cada lote.

c) Complementaria: dun 5 % (que incrementará a definitiva cando o aspirante a adxudicatario estivese incurso inicialmente en presunción de oferta anormal ou desproporcionada).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos puntos 11 e 12 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o 13.2.2013.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo 36310.

4) Correo electrónico: xseccon@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: o 4.1.2013.

Vigo, 7 de xaneiro de 2013

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo