Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan de sectorización SRAU-C San Xoán.

A Xunta de Goberno Local, en sesión levada a cabo o día 28 de decembro de 2012, acordou aprobar inicialmente o plan de sectorización SRAU-C San Xoán. As consecuencias do dito acordo son as seguintes:

a) Por aplicación do artigo 77 da LOUG, o acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación, parcelación ou demolición no ámbito do sector delimitado.

b) Procederase á notificación e publicacións regulamentarias e petición simultánea de informes sectoriais.

c) Someter o citado plan a información pública polo prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

O expediente pode consultarse no 5º andar das oficinas de Urbanismo do Concello de Ferrol, sitas na rúa María, nº 52-54, Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 9 de xaneiro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde