Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública para ampliación de carnizaría.

Mª Ramona Vázquez Abal solicitou licenza municipal de actividade para ampliación para carnizaría que se situará na rúa O Castro, nº 5. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 20 de decembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde-presidente