Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de exposición pública sobre solicitude de licenza de construción e licenza de actividade comercial.

Mercadona, S.A. solicitou licenza de construción dun edificio comercial e licenza de actividade de supermercado e aparcadoiro que se situará na rúa das Pontes, nº 1, polígono industrial Porto do Molle, parcela M19-A, Nigrán (expediente 12/0329SU).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 30 de novembro de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde