Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se acorda dar publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012.

A través da Orde do 27 de decembro de 2011 modifícase a Orde do 8 de abril de 2010 e establécense as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012. A dita orde foi publicada no DOG o 4 de xaneiro de 2012.

Segundo o artigo 10 da Orde do 8 de abril de 2010, que non foi modificado pola Orde do 27 de decembro de 2011, e o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

ACORDO:

Facer públicas no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012, nos termos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Programa e crédito orzamentario: esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 16.20.422L.770.0 por un valor total de cento oitenta mil euros (180.000 euros), dos cales cento tres mil seiscentos oito euros (103.608 euros) son financiados polo Feader con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do referido fondo igual ao 57,56 %.

Finalidade: desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Expediente nº

Accións formativas e/ou de transferencia tecnolóxica

Beneficiario/a

NIF

Axuda concedida

AF e TT 2012/62

Curso de viticultura complementada co enoturismo

Agroruris

G36591113

4.956,32

AF e TT 2012/78

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais)

Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

Aprodeza Sociedade Cooperativa Galega

F36188829

3.552,40

AF e TT 2012/74

Xestión empresarial de explotacións de vacún de carne. Internet para explotacións gandeiras. Páxina da Consellería do Medio Rural e do Mar. A oficina agraria virtual

Asgafon

G27368455

6.796,63

AF e TT 2012/64

Curso produción vitícola para unha viticultura de calidade

Asociación de Novos Viticultores do Ulla-Umia

G36388171

3.035,53

AF e TT 2012/30

Curso de formación de 5 días de duración cunha duración de 3 horas/día e viaxe didáctica con prácticas de campo de 5 horas de duración nunha mañá

Asociación Afrifoga

G36028603

4.986,66

AF e TT 2012/47

Curso de prevención en riscos laborais. Localidades: Triacastela, Lugo

Asociación Agroambiental Albariza

G27293216

6.530,15

AF e TT 2012/66

Curso de comercio electrónico

Asociación de Bodegas Artesanas Rías Baixas

G36279909

4.077,98

AF e TT 2012/71

Maquinaria agrícola e o seu mantemento. Protección do cultivo

Asociación de Viticultores Arousa Norte

G15992282

4.036,82

AF e TT 2012/28

Curso emprego das novas tecnoloxías da información na xestión técnico-económica das explotacións de vacún en Lalín con viaxe didáctica

Asociación Dinamización do Medio Rural

G36598001

4.630,47

AF e TT 2012/20

Ordenación do espazo agroforestal. Figuras de xestión conxunta do monte (3 xornadas). Novas alternativas produtivas. Multifuncionalidade do monte (2 xornadas). Novas alternativas produtivas. Produción e recolección de cogomelos (1 curso)

Asociación Frouma

G15597362

2.466,95

AF e TT 2012/48

Xestión empresarial e ambiental do parque de maquinaria das explotacións agrogandeiras

Asociación Galega Amigos Maquinaria Agrícola Clásica

G27338193

3.739,99

AF e TT 2012/34

2 cursos de agricultura ecolóxica

Asociación Galega Serra do Bocelo

G15509532

4.728,09

AF e TT 2012/17

1 curso agricultura ecolóxica básico

Asociación Hortanosa

G15751449

1.782,14

AF e TT 2012/33

2 cursos de formación: o aproveitamento do monte. Ordenación agroforestal, sustentabilidade e novas alternativas produtivas

Asociación Montes de Galicia – Montegal

G70173869

4.801,97

AF e TT 2012/44

Innovación das técnicas de hixiene e sanidade animal en vacún ecolóxico

Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica

G70285820

5.520,94

AF e TT 2012/29

Curso de formación de 6 días de duración (3 horas/día) e viaxe didáctica con prácticas de campo de 6 horas de duración: xestión forestal sustentable e multifuncionalidade. Para impartir en Xove

Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia

G15490006

4.986,66

AF e TT 2012/46

3 cursos: innovación nas explotacións agrarias: diversificación a través de diversas orientacións produtivas sustentables

Asociación Sociedade Labrega Campalgo

G27384247

4.274,28

AF e TT 2012/65

Prácticas de cultivo para unha viticultura de calidade

Asociación Viticultores Libres do Salnés

G94023330

2.802,03

AF e TT 2012/18

Dous cursos técnicos: produción agraria sustentable. Agricultura ecolóxica e produción integrada

Asociacións Labregas

G15945686

3.356,10

AF e TT 2012/68

Curso de plantacións forestais. Labores de mantemento posteriores á reforestación. Viaxe formativa a Galiforest

C.M.V.M.C. Barbanza de Postmarcos

V15348345

3.609,39

AF e TT 2012/73

Formación do panel de cata en elaboración e cata de viños espumosos

Consello Regulador da D.O. Rías Baixas

Q8655030H

3.061,25

AF e TT 2012/82

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

Cooperativa Ganadera de Dozón, SCG

F36181659

3.552,40

AF e TT 2012/81

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

Cooperativa Gandeira do Sixto, SCG

F36466415

3.552,40

AF e TT 2012/70

Plan formativo 1: xestión para a plantación de viñedo de calidade. Plan formativo 2: labores de mantemento de viñedo de calidade

Cooperativa Vitivinícola Bradomín, S. Coop. Galega

F70139704

4.036,82

AF e TT 2012/76

Curso sobre produción agraria sustentable/producións alternativas. Curso de introdución dos gandeiros no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Desenvolvemento na internet

Fagreco

G27286897

5.167,13

AF e TT 2012/52

Actividades formativas agrarias 2012

Horta Viva, SCG

F70292404

3.215,60

AF e TT 2012/75

1º Xestión empresarial (planificación estratéxica) e viaxe didáctica. 2º Aplicación de técnicas de aforro enerxético (biomasa e recuperadores de calor)

Icos, SCG

F27262997

5.338,63

AF e TT 2012/21

Realización de dez xornadas

Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia

V70206974

3.561,90

AF e TT 2012/79

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

O Rodo Sociedade Cooperativa Galega

F36100782

3.552,40

AF e TT 2012/37

Iniciación ao despezamento cárnico e elaboración de produtos cárnicos

Porco Celta O Incio, S. Coop. Galega

F27367432

1.886,49

AF e TT 2012/12

2 cursos de 50 h. 1º Rastrexabilidade e xestión da calidade no sector agrario e 2º Alimentos de calidade diferenciada: unha ferramenta para o desenvolvemento sustentable

SAT Fungocerga (Xulga 1259)

F15939184

6.332,27

AF e TT 2012/84

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

SAT Casal Vilar

V15549033

3.552,40

AF e TT 2012/80

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

SAT Pena Bamela

F15565492

3.552,40

AF e TT 2012/19

2 cursos de agricultura ecolóxica básicos

Sindicato Labrego Galego

G27023951

3.663,22

AF e TT 2012/77

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

Sociedad Cooperativa Gallega de Maceira

F36426492

3.552,40

AF e TT 2012/83

Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias (30 h presenciais). Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar térmica e fotovoltaica (25 h presenciais)

Valle del Deza Sociedade Cooperativa Galega

F36165082

3.552,40

AF e TT 2012/63

Viticultura de calidade?

Viña Almirante Sociedade Cooperativa Galega

F36373587

3.326,55