Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se acorda dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

A través da Orde do 27 de decembro de 2011 establécense as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012. A dita orde foi publicada no DOG do 5 de xaneiro de 2012.

Segundo o artigo 12 puntos 2 e 7 da Orde do 27 de decembro de 2011 e o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes, publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

Acordo:

Facer público no Diario Oficial de Galicia, as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012, nos termos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Programa e crédito orzamentario

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 16.20.561A.770.0 por un valor total de 3.624.364,76 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 1.256.787,76 euros en 2012, 1.267.577,00 en 2013 e 1.100.000,00 en 2014. A concesión de subvencións imputadas aos exercicios correspondentes aos anos 2013 e 2014 está condicionada á existencia de dotación económica suficiente en cada momento. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 57,56 %.

Finalidade: desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Expediente nº

Título

Beneficiario

CIF

Axuda concedida (euros)

2012

2013

2014

Axuda total

Feader 2012/12

Hortcontrol

Asociación Galega Cooperativas Agrarias-Agaca

F15156557

59.438,91

140.561,10

0,00

200.000,01

Feader 2012/23

Optimización ambiental e produtiva da fertilización nitroxenada mineral e orgánica en cultivos forraxeiros mediante a utilización de inhibidores da nitrificación

Progando, S.L.

B15751035

29.422,68

74.651,93

60.274,51

164.349,12

Feader 2012/27

Desenvolvemento de sementes ecolóxicas de millo forraxeiro híbrido galego para a súa produción

Wamestrada, S.L.

B36499671

29.379,82

35.822,94

35.658,41

100.861,18

Feader 2012/41

Incidencias dos factores ambientais e tipo de almacenaxe na calidade da estela para o seu uso como biocombustible

Forestación Galicia, S.A

A32226326

62.448,26

58.539,62

36.143,36

157.131,24

Feader 2012/32

Avaliación de novos métodos de conservación do bagazo de cervexa para a súa aplicación na alimentación de ruminantes

Indesa Galicia, S.L.

B70207246

43.251,65

46.893,81

64.729,35

154.874,81

Feader 2012/31

Elaboración de táboas e de programa en liña de recomendación de fertilización nitroxenada nas rotacións forraxeiras das explotacións leiteiras galegas en función da achega de nitróxeno polo solo

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S. Coop. Galega

F15000177

21.414,38

34.968,85

54.709,42

111.092,66

Feader 2012/24

Avaliación de cultivos para produción de forraxes en explotacións de leite para mitigar os efectos do cambio climático

Progando, S.L.

B15751035

13.803,43

66.864,41

15.881,05

96.548,88

Feader 2012/45

Obtención de lacón baixo en sal mediante a substitución de NaCl por outros sales

Gisva, S.A.

A15077027

12.865,40

20.266,14

25.481,21

58.612,76

Feader 2012/14

Ecolacto. Implantación de melloras no proceso produtivo de explotacións gandeiras e empresas do sector lácteo

Asociación Galega Cooperativas Agrarias. Agaca

F15156557

96.819,13

18.091,46

0,00

114.910,59

Feader 2012/16

Deseño e posta en marcha dun dispositivo e protocolo para a medida do estrés pre-sacrificio en tenreiros da IXP Ternera Gallega

AMMI Technologies, S.L.

B32392136

14.833,24

33.217,79

72.937,25

120.988,28

Feader 2012/68

Implantación dun sistema de vixilancia integrado da calidade hixiénico-sanitaria para a mellora da eficacia

Alimentos Lácteos, S.A.

A27401868

31.429,87

72.545,09

29.442,18

133.417,13

Feader 2012/30

Innovación tecnolóxica nas cisternas de xurro para a realización simultánea da fertilización orgánica e do encalado

Pro Agro Servicios, S.C.

J15878374

53.118,33

26.559,33

46.128,20

125.805,86

Feader 2012/11

Valorización do soro de leite mediante a produción de bioetanol e dun novo produto con propiedades antihipertensivas

Queizuar, S.L.

B15594401

73.476,24

56.661,77

0,00

130.138,01

Feader 2012/38

Estudo da suplementación con castañas na dieta do porco para o desenvolvemento dunha nova liña de produtos

Cooperativas Ourensanas SCG

F32001976

107.125,66

0,00

0,00

107.125,66

Feader 2012/64

Efecto da inclusión da castaña na dieta de finalización sobre a intensidade de fenómenos autooxidativos e sensoriais de xamón de porco celta

Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel)

G27243500

27.918,49

45.746,11

47.688,24

121.352,84

Feader 2012/02

Tecnoloxías para a obtención dun novo leite de vaca enriquecido de forma natural en antioxidantes en granxas galegas

Leyma Central Lechera, S.A.

A70006135

23.610,76

42.151,32

54.198,38

119.960,45

Feader 2012/03

Desenvolvemento de novos produtos alimentarios galegos: vinagre, aceites de oliva aromatizado e aliños

Invatia Research, S.L.

B70143011

35.246,19

46.189,00

0,00

81.435,19

Feader 2012/05

Control de calidade da carne de Ternera Gallega. Mellora e fortalecemento dos puntos críticos no proceso produtivo

Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega

Q1500342I

8.256,59

21.536,53

11.744,63

41.537,76

Feader 2012/60

Utilización de bacteriocinas na elaboración de viños como alternativa ao anhídrido sulfuroso

Innaves, S.A.

A36686947

41.031,13

35.880,95

0,00

76.912,08

Feader 2012/86

Sistemas silvopastorais con porco celta en soutos de castiñeiros: produtividade e efectos sobre a vexetación

Porco Celta O Incio, S. Coop. Galega

F27367432

61.834,12

16.612,06

33.431,85

111.878,02

Feader 2012/42

Desenvolvemento de novos produtos a partir do porco

Cárnicas de Feces, S.L.

B32241291

25.277,98

23.477,56

33.595,03

82.350,57

Feader 2012/18

Estudo e posible aplicación de sistemas RFID para o control dos parámetros que hai que considerar de calidade e aforro enerxético no proceso e produto, carne de vacún IXP Ternera Gallega. Mellora da parametrización da vida útil con sistemas

REID

Novafrigsa, S.A.

A27199140

34.845,75

40.394,53

26.553,60

101.793,87

Feader 2012/58

Desenvolvemento dun sistema produtivo de tepe ornamental mediante o aproveitamento de casca de piñeiro

Maderas Pérez Giménez, S.L.

B36721975

30.864,79

22.215,34

42.378,33

95.458,46

Feader 2012/51

Estudo diferentes tempos criomaceración, mellora e elaboración viño godello

SAT Godeval

F32022477

12.621,96

1.389,65

10.644,64

24.656,25

Feader 2012/46

Caracterización das pulardas e capóns da raza Mos nun sistema de crianza artesanal. Comparación cunha estirpe industrial de crianza ao aire libre

Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

G32280729

19.284,41

28.207,84

50.836,07

98.328,31

Feader 2012/20

Novas aplicacións da tecnoloxía FT-MIR para estimar a composición en ácidos graxos de mostras de leite de vacas

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)

G15228141

23.856,72

29.819,62

56.152,71

109.829,05

Feader 2012/76

Prodilact: sistema para redución de custos nas explotacións leiteiras a través da mellora das loxísticas rastrexabilidade

Feiraco Piensos, S.L.U.

B15996945

30.358,42

53.190,23

26.682,02

110.230,67

Feader 2012/34

Estudo de caracterización agronómica e físico-química do lúpulo galego silvestre e ecolóxico: emprego na elaboración de dous tipos de cervexa

Hijos de Rivera Inversiones Corporativas, S.L.

B159474668

31.319,34

23.251,24

49.260,19

103.830,77

Feader 2012/65

Modelo de utilización e aproveitamento combinado no medio natural con minimización do impacto ambiental baseado na retención por reflexos condicionados dos animais en extensivo

Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel)

G27243500

26.423,73

20.488,74

39.301,43

86.213,91

Feader 2012/85

Obtención de novos produtos a partir de cruzamentos de porco celta

Porco Celta O Incio, S. Coop. Galega

F27367432

9.486,44

44.862,17

19.383,43

73.732,04