Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 30 de novembro de 2012 revogatoria da axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011, relativa ao expediente TR341D 2012/716-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de decembro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/716-2.

Nome: Erasmo Pérez González.

DNI/NIF: 34263698-T.

Último enderezo coñecido: r/ Diego Pazos, 29, baixo. 27600 Sarria, Lugo.

Feito imputado: incumprimento do artigo 2.4.e) da orde reguladora da subvención.

Precepto infrinxido: artigo 2.4.e) da Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo.