Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica acordo de iniciación de expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2008/550-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 27 de agosto de 2008.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para alegar ou presentar os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Instituto Azimut.

Enderezo: rúa Palavea, 82, 2º C, 15009 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2008/550-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 24 de outubro de 2012.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 19 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 49,46 €.