Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1528

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 5/2013, do 17 de xaneiro, polo que se dispón que cese Carlos Enrique Rodríguez Sánchez como director xeral de Tributos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xaneiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Carlos Enrique Rodríguez Sánchez como director xeral de Tributos, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda