Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2013 Páx. 1625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2013 pola que se efectúa apercibimento de execución forzosa da retirada de diversas embarcacións do porto de Cambados.

Segundo informa a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia, na praia de Santo Tomé, dentro de zona de servizo do porto de Cambados, atópanse abandonadas dúas embarcacións, unha intraborda de madeira e un veleiro de poliéster, e ningunha delas ten matrícula ou nome polo que resulta imposible a súa identificación.

Posto que estas embarcacións levan varios meses no mesmo lugar sen aboar taxa e sen actividade ningunha, e dado o seu estado de deterioración, Portos de Gailcia adoptou a decisión de proceder á súa retirada para posterior desmantelamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Toda vez que ao non constar nin matrícula nin nome das embarcacións non é posible notificar de maneira persoal os propietarios ou armadores das embarcacións, por medio da presente cédula ponse en coñecemento destes que transcorrido un prazo máximo e improrrogable de 15 días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia e ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Cambados, de non retirarse voluntariamente as embarcacións, Portos de Galicia, sen necesidade de ningún trámite ulterior, procederá a executar subsidiariamente a retirada das embarcacións, que dado o seu grao de deterioración serán tratadas como residuos e trasladadas a vertedoiro, sen que se admitan reclamacións de indemnización de ningún tipo, e sen prexuízo de liquidar o custo da retirada e da apertura de procedementos administrativos sancionadores no caso de identificarse aos propietarios responsables.

E para que conste e sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

Ramón Talín Vidal
Director de Operacións