Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1275

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2013 pola que se integra profesorado funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda, dispón o seguinte:

1. «... os profesores titulares de escola universitaria que, no momento de entrada en vigor da lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas...».

3. «Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora».

Polo tanto, unha vez comprobado o cumprimento polas persoas interesadas dos requisitos establecidos e consonte o disposto nas citadas disposicións adicionais e no uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e o Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro (DOG 9.2.2004 e BOE 22.4.2004), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Queda integrado no corpo de profesores titulares de universidade, o profesorado funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, pertencente a esta universidade, que se relaciona a continuación, que queda adscrito ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro en que estivera no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos da integración

Fernández Blanco, María Teresa

52483682-M

Didáctica da matemática

26.9.2012

Iglesias Becerra, Antonio

33839710-V

Produción animal

8.8.2012

Riesco Muñoz, Guillermo

50814834-Z

Enxeñaría agroforestal

21.9.2012

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, en cuxo caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela