Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Ordes, Carral e Cerceda (expediente IN407A 466/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I ao proxecto LLMMTT subterráneas subes. Meirama a P. entroncamento (UDESA).

Situación: concellos de Ordes, Carral e Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 4,967 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de C.AL Meirama, condutor tipo RHZ-2OL kV, 3(1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no C.S. Gandarouta proxectado.

Centro de seccionamento prefabricado que se compartirá con UDESA (expediente IN407A 2009/462-1, con celas modulares telecontroladas por F.O. con envolvente metálica e illamento en SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña