Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2012/105-2, 8074 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Promociones A Mariña 2000, S.L.

Domicilio social: r/ Ramón González, 36, Ribadeo.

Denominación: LMT e CT de 400 kVA para subministración a un edificio de vivendas.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

LMT a 20 kV en canalización existente (103 metros) e proxectada (284 metros) con orixe nunha cela de liña existente no centro de transformación existente Caocosta 423 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 387 metros en condutor RHZ1-240.

CT compacto de manobra exterior en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de transformador, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de decembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo